Santiago

Nadine Labaki abriu o ciclo ‘Cinema e Resilencia’ da Fundación Araguaney

O certame serve de preámbulo da Semana de Cine Euroárabe AMAL 2021

  • 28 sep 2021 / 12:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Fundación Araguaney - Puente de Culturas, coa colaboración da Deputación da Coruña, inaugurou na tarde de onte o ciclo Cinema e Resilencia coa proxección da largometraxe Capharnaüm, dirixida pola actriz e directora libanesa Nadine Labaki.

Esta película, protagonizado polo refuxiado sirio e actor infantil Zain Al Rafeea, no papel de Zain El Hajj, un neno de doce ano que vive nos suburbios de Beirut. O filme ten unha narrativa en formato flashback que se centra na vida de Zain e o seu encontro coa inmigrante etíope Rahil e o seu bebé Yonas, así como o seu intento de demandar aos seus pais por neglixencia infantil.

O certame continuará con outras tres proxeccións, todas elas levadas a cabo no salón Olivo do hotel Eurostars Araguaney de Santiago.

O salón Olivo do hotel Eurostars Araguaney de Santiago acolleu na noite de onte á primeira proxección do ciclo Cinema e Resilencia, da Fundación Araguaney-Puente de Culturas.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.