Santiago

Nova defensa das vivendas de uso turístico en Raxoi

  • 28 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. Este mércores, día 30 de novembro, unha representante do colectivo de propietarios de VUTs (Vivendas de Uso Turístico) de Compostela intervirá no Pleno do Concello, no que se intentará aprobar provisionalmente a Modificación do PXOUM (Plan Xeral de Ordenación Urbana Municipal), que afecta directamente a estas vivendas. Sinalan dende o grupo que o goberno non moveu a súa posición inicial, a pesares das alegacións de máis de 500 persoas e tamén das dos grupos Bloque Nacionalista Galego e Compostela Aberta. O colectivo está convocado para unha concentración diante do Pazo de Raxoi, o mesmo día do Pleno. d.seijas

Tema marcado como favorito