Santiago

O BNG chega a un acordo co grupo de goberno local para impulsar o Orbitaliño

Pedirán ao Ministerio de Transportes que teña en conta as peculiaridades
da zona de Formarís

    • 02 jul 2022 / 00:23
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    Santiago. O Bloque Nacionalista Galego chegou a un acordo co goberno local para impulsar o Orbitaliño. A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, “co afán de que a Corporación mostre de novo o seu compromiso cos acordos subscritos por todas as forzas políticas representadas no Foro Cívico, chegou a un acordo co grupo de Goberno do PSOE coa finalidade rexistrar unha emenda transaccional destinada a continuar coas xestións necesarias para que o proxecto do Orbitaliño inclúa as mellores solucións para a veciñanza, o comercio, o desenvolvemento do rural e a industria afectadas na zona Formarís, tal e como se aprobou por unanimidade da Corporación no Pleno de xuño de 2021”.

    Co texto, afirman os nacionalistas, maniféstase que é unha prioridade para Santiago a construción do enlace entre AP-9 coa N-550, coñecido como o Orbitaliño, e esperan que sirva de exemplo para que os grupos políticos manteñan o espírito acadado polo consenso do Foro Cívico, comprometéndose a buscar canles de colaboración para conseguir un consenso nos temas cruciais para a cidade.

    VECIÑANZA AFECTADA. Dende o BNG afirman que esta resolución faise coa menor afectación posible a veciñanza de Formarís. Ademais, o goberno local ofrecerá asesoramento técnico e legal á veciñanza afectada e asociacións que tamén estimen presentar alegacións para defender as vivendas, terreos agrarios e espazos rurais para a cohesión territorial da aldea que pode alterar o proxecto na zona. Dende o Concello de Santiago seguirán mantendo un diálogo co Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para que teña en conta nesta actuación as peculiaridades dos núcleos tradicionais galegos e presentará alegacións nesa liña ao proxecto do Orbitaliño. ECG

    Tema marcado como favorito