Santiago

O socio maioritario é unha empresa propiedade de UXT

  • 21 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ribaterra. Desproi S.L, a empresa da nave alugada polo Concello pola que dimitiu como concelleiro de Medio Rural José Manuel Pichel, é propiedade ao 63,69% doutra firma, Ribaterra S.L., que pertence a UXT-Galicia. Segundo a documentación á que tivo acceso Europa Press, o sindicato é socio único de Ribaterra S.L, que á súa vez é maioritaria de Desproi. O resto das participacións son de Asuco Agrario S.L., que se fixo coas accións a finais de setembro do 2021. José Manuel Pichel admitiu ao anunciar a súa dimisión que foi administrador único de Desproi ata 2016 e, a partir desa data, mantívose no accionariado a través doutra empresa da que foi administrador único até a súa entrada no Concello, Servizos Técnicos Gaia, participacións que non vendeu até setembro de 2021 -cando xa se aprobou en xunta de goberno o aluguer da nave para instalar ao persoal do departamento de Parques e Xardíns-. Os traballadores deste departamento estaban en oficinas na antiga estación de autobús, que ía ser demolida, e o Concello tiña orde de desaloxo desde facía oito meses, pero non se alugou esta nave ata que xa era efectivo o desafiuzamento. Os documentos revelan que Gaia entrégalle á empresa mercantil Asuco Agrario as súas 691.841 participacións sociais de Desproi -por unha transacción cuxa contía non transcendeu- o 27 de setembro de 2021, cando xa se acordou o 14 de setembro o aluguer destas instalacións. En Ribaterra, S.L., sociedade, UXT Galicia é socio único desde a súa constitución en 1992 e o seu administrador único é José Luis Fernández Celis, secretario de Organización do sindicato. Ademais, como administradora figurou Rosa Arcos Caamaño -entre 2006 e 2016-, que desde febreiro de 2021 realiza funcións de apoio ás tarefas de dirección e coordinación desenvolvidas pola xefa de gabinete de Presidencia da Deputación da Coruña, que dirixe o actual secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, como figura no BOP. Con anterioridade, tamén foron administradores únicos de Ribaterra S.L. o sindicalista José Luis Crespo Garrido e Álvaro Ansias Bacelar, que foi director xeral de Promoción do Emprego en 2005 no Executivo de Emilio Pérez Touriño. EP

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.