Santiago

Os comercios colaboran coa ONG Mans Unidas

  • 08 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

escaparates. O COVID deixou unha triste estampa nas cidades, a de comercios pechados e coas súas persianas baixadas por culpa da crise económica que seguiu á pandemia. Pero durante o mes de marzo cinco comercios volveron a levantar as súas persianas para unirse a Mans Unidas na súa campaña para contaxiar solidariedade e vencer xuntos á pandemia esquecida da fame.

Os propietarios cederon os seus escaparates para permitir achegar o traballo que realiza Mans Unidas en favor da muller, da infancia, dos proxectos na India e polo dereito á alimentación. Á iniciativa sumáronse un grupo de alumnas de Bacharelato do IES Rosalía de Castro, deseñando e decorando o baixo situado en Xeneral Pardiñas nº 2, visualizando a inxustiza da fame.

A este local engádense os situados na Caldeiraría 33, o de República do Salvador 23, as portas do actualmente pechado Hotel Nest Style, en Doutor Teixeiro, 15; ou o baixo onde estivo a emblemática Papelería Compostela, nas Cinco Calles. Desde a entidade Mans Unidas valoran esta actividade moi positivamente porque permite achegar a realidade das persoas máis desfavorecidas da sociedade, dentro do marco inmellorable do comercio da cidade, “e demostrando que xuntos podemos acabar coa inxustiza, contaxiando solidariedade”. s. c.

Tema marcado como favorito