Santiago

Presentan na Numax a novela ‘Illa Decepción’

  • 23 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

literatura. A librería Numax de Santiago de Compostela acolle este xoves a presentación do libro Illa Decepción, de Berta Dávila. Acompañando a autora, asistirá o xornalista Daniel Salgado, como moderador, e Carlos Lema, director de edicións de Editorial Galaxia. Esta obra gañaou o premo de Narrativa Breve Repsol 2020. O relato faise a pregunda de que ¿Que queda de nós nas casas onde vivimos noutro tempo? Se algo permanece nelas, ¿pódese acceder a aqueles momentos, ás sensacións idas? A protagonista desta novela expándese en dúas direccións aparentemente opostas: a do vencello cotián co seu fillo durante o confinamento e a do resto daquela nena que aínda perdura na súa imaxinación. Así, movida por un soño, máis de vinte anos despois de abandonalo, decide presentarse no apartamento onde viviu coa súa familia durante a nenez e a adolescencia. De todo isto falará a autora na presentación da novela. ecg

Tema marcado como favorito