Santiago

Primeiras visitas guiadas gratis a quenes pernocten máis de 3 noites

    • 18 jul 2020 / 00:11
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    Santiago. Un primeiro grupo de dez persoas visitou o xoves a cidade da man da Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia como agasallo por pasar un mínimo de tres noites nun hotel ou pensión da cidade dentro do novo programa Santiago Prémiate. O prezo de venda ao público deste agasallo é de 12 euros por persoa.

    O programa permite que os visitantes poidan recibir como agasallo visitas guiadas. A única condición é pasar un mínimo de tres noites nun hotel ou pensión da cidade. Así, poderán participar sen custo nas visitas “Tour Peregrino” ou “Compostela Contada”. As visitas terán saída garantida todos os días ata o 31 de decembro, dependendo os seus horarios da época. Dende o 15 de xullo ata o 30 de setembro haberá catro saídas diarias: ás 10.00, 12.00, 16.00 e 18.00 horas.

    O Tour Peregrino é unha visita que xira arredor da figura dos peregrinos e o seu protagonismo na cidade dende o descubrimento da tumba do Apóstolo Santiago ata hoxe en día. A visita guiada parte da praza de Praterías e pasa por lugares emblemáticos como a praza do Obradoiro, antigo cemiterio de peregrinos preto da capela de San Fructuoso, rúa de Hortas e San Martiño Pinario. Compostela Contada consiste nun percorrido polas rúas e prazas principais do casco histórico. Na visita alúdese á historia do Apóstolo, quen xustifica a orixe da peregrinación e o desenvolvemento de Santiago. Comeza na praza de Praterías e pasa polas principais prazas e rúas.

    Un dos principais obxectivos de Turismo de Santiago a curto e medio prazo é captar turismo familiar da Península que viaxe con estadías longas e que poida empregar Santiago como centro para coñecer tamén Galicia dun xeito seguro. Está feito coa colaboración da Deputación, e participan 170 establecementos. ecg

    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.