Santiago

Programa de emprego para menores de trinta e mulleres desempregadas

  • 01 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

FORMACIÓN A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inicia unha nova edición do Programa Integrado de Emprego 2022/23, financiado pola Xunta de Galicia con fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal, a través do servizo de Programas Mixtos da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación.

A asociación traballará con cen participantes, mozos menores de 30 anos con baixo nivel de estudos e mulleres desempregadas con diversos niveis formativos.

O programa céntrase nas accións de orientación e intermediación laboral para a inserción dos participantes, que axudarán a potenciar a súa confianza, reforzar a súa motivación e enriquecer os seus contactos sociolaborais. Ademais, esta orientación laboral servirá para que os participantes coñezan novas técnicas de procura de emprego, realización de currículos ou a preparación de entrevistas de traballo.

O programa, ata novembro, conta cunha dimensión formativa, e inclúe a programación de accións sobre motivación, habilidades comunicativas, idiomas ou informática, destinadas a mellorar a empregabilidade dos participantes. E traballa na realización de prácticas profesionais. ecg

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.