Santiago

Proposta para repartir en doce mensualidades o importe dos impostos

  • 28 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. O grupo municipal do BNG presentará unha iniciativa no pleno para actualizar as ordenanzas fiscais de 2022 e incluír o pagamento de impostos á carta en 12 mensualidades, novas bonificacións e exencións fiscais en materia social e de promoción de enerxías renovábeis, ademais de proceder a realizar unha campaña informativa para a súa divulgación entre a veciñanza compostelá.

Raxoi está en proceso de revision destas ordenanzas. Cada tributo require unha que se actualiza con carácter anual en que se determina quen debe pagar, o concepto, as bases para calcular a contíae a tarifa ou porcentaxe que se aplica. Ademais, as ordenanzas especifican os casos que poden dispor de exencións ou bonificacións.

“Pese a que moitas das bonificacións e exencións teñen carácter social e ambiental, o Concello non realiza unha campaña de divulgación coa información e transparencia”, denunciou a concelleira Navia Rivas. ecg

Tema marcado como favorito