Santiago

o colectivo LGTBIQI

  • 01 jun 2020 / 22:34
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

AXUDAS. A xunta de goberno local aprobou onte as bases da convocatoria de subvencións para o fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo LGTBIQI (lésbico, gay, transexual, bisexual, queer e intersexual) e de prevención e loita contra as violencias machistas para o ano 2020. Destínase unha partida global de 30.000 euros e a contía máxima de subvención por entidade solicitante será de 3.000 euros. A convocatoria contempla tres liñas de axudas: programas e actividades de fomento da igualdade efectiva entre mulleres e homes; programas e actividades de fomento da igualdade efectiva das persoas LGTBQI; e programas e actividades para a prevención das violencias machistas no municipio de Compostela.

As subvencións outorgaranse mediante procedemento ordinario, tramitado en réxime de concorrencia competitivas. Poderá subvencionarse, ata esgotar o crédito dispoñible, o 100 % do orzamento presentado, non podendo superar, en todo caso, a contía máxima da subvención por entidade, que é de 3.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no BOP. redacción

Tema marcado como favorito