Santiago

Reclaman a mellora da seguranza viaria en dúas parcelas de Salgueiriños

  • 14 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

BNG. A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, propón que o Concello de Santiago realice as xestións necesarias para a ordenación dos tránsitos peonís en dúas parcelas municipais de Salgueiriños co obxectivo de contribuír a mellorar a seguranza viaria e a evitar a acumulación de entullos e material de obra neste espazo público. Indican que nesta zona da cidade existen dúas parcelas de titularidade municipal que precisan dunha intervención para mellorar a estética urbana e a seguranza viaria, “xa que moitas persoas empregan a diario como zona de paso un treito que actualmente está rodeado de gardarraís e cun pequeno rebaixe do terreo poderían facerse beirarrúas para ampliar as da avenida do Cruceiro da Coruña e darlle continuidade á senda peonil que chega desde o parque da Ponte Mantible e Parque dos Irmandiños”. Ademais, engaden que unha destas parcelas, que linda co edificio abandonado do parque de bombeiros, está convertida nun espazo onde actualmente se depositan entullos, material de obra e maquinaria pesada. Deste xeito, o BNG trasladará unha iniciativa ao Pleno de febreiro para acondicionar estas dúas parcelas e contribuír á mellora da seguranza viaria. REDAC.

Tema marcado como favorito