Santiago

Reclaman máis partidas da Xunta para investir en Compostela

  • 02 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago A portavoz do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín Rei, e a deputada parlamentar Iria Carreira presentaron as emendas aos Orzamentos da Xunta para Santiago e destacaron que, ademais das transversais “para todo o país”, propoñen incrementar máis de 20 millóns de euros estas partidas para 2022. Sanmartín afirmou que as contas “confunden investimentos sen ter en conta que Santiago é a capital de Galiza e a capital administrativa, cando son internos da Xunta e do seu funcionamento”. “É un escándalo que conten como investimentos de Santiago os 4 millóns de euros da reforma dos edificios administrativos de San Caetano, ou 1,8 dun edificio de Mazarelos. Pola súa parte, Iria Carreira explicou que o BNG estima que o investimento que debe realizar a Xunta en Santiago debe incrementarse en 20 millóns de euros, con 2,5 máis para o estatuto de capitalidade. ecg

Tema marcado como favorito