Santiago

Román Rodríguez anima á Academia Xacobea a ampliar a súa proxección

  • 14 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

XACOBEO. O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, destaca o labor investigador da Academia Xacobea arredor do Camiño de Santiago como fenómeno espiritual, cultural e identitario.

Así o sinalou na tarde de onte con motivo da inauguración da nova sede deste órgano na Cidade da Cultura durante un acto no que estivo presente o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou. A Academia Xacobea ten como obxectivo promocionar o Camiño de Santiago e difundir os seus valores en todos os ámbitos.

Así pois, en palabras do titular de Cultura da Xunta de Galicia, desde a súa nova sede a institución vai “poder ampliar os seus horizontes e a súa proxección” para seguir afondando nas liñas de investigación abertas sobre o Xacobeo e emprender máis estudos sobre a súa fenomenoloxía e a súa identidade. ECG

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.