Santiago

San Ignacio de Loyola: estudo de detalle para a instalación de ascensores nas vivendas

A veciñanza poderá acceder a unha convocatoria de axudas para a rehabilitación das seus inmobles

    • 01 feb 2020 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    Santiago. O Pleno da Corporación celebrado este xoves aprobou definitivamente e por unanimidade o estudo detalle para a dotación da accesibilidade ao grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola, mediante a instalación de ascensores e a mellora da envolvente dos mesmos. Ademais, grazas a unha ordenanza, a veciñanza poderá acceder a unha convocatoria de axudas para a rehabilitación das súas vivendas.

    Este estudo de detalle é un requisito imprescindible para que este conxunto de vivendas poida ter acceso á convocatoria de axudas de rehabilitación que prepara o Concello, destinada a persoas con escaseza de recursos. O Goberno municipal ten anunciado que esta convocatoria terá unha dotación económica dun millón de euros, dos que 800.000 procederán de fondos europeos e o resto serán achega municipal.

    Este informe resolve o problema de accesibilidade destes edificios mediante a instalación de ascensores exteriores nas esquinas sur dos inmobles, comunicados coas vivendas a través duns corredores de planta, exteriores e cubertos. Tanto a envolvente do ascensor como as pasarelas de acceso ás vivendas levarán elementos prefabricados de formigón autónomos e estruturalmente independentes da edificación orixinal. Complementariamente, prevese a substitución dos panos das galerías existentes por unha carpintería de madeira tipo, co fin de mellorar a eficiencia enerxética e recuperar a imaxe unitaria do conxunto.

    dous bloques. Este documento afecta a un ámbito, o de San Ignacio de Loyola, configurado por dous bloques, un de 12 e outro de 18 vivendas, situados na marxe sur da avenida do Mestre Mateo. Estes edificios ían ser derrubados e os seus veciños e veciñas realoxados noutras vivendas pola previsión de construír alí a Facultade de Medicina. Desbotada esa posibilidade e eliminada en 2018 no PXOM a reserva universitaria da parcela, agora ábrese a posibilidade da rehabilitación das vivendas. redac.

    Tema marcado como favorito