Santiago

Suspéndese o lanzamento de fogos en dous puntos polo risco de incendios

O alcalde anima á cidadanía a gozar das festas con “seguridade e prudencia”

  • 24 jul 2020 / 16:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Neste Apóstolo absolutamente atípico pola covid, Raxoi decidiu suspender o lanzamento de fogos desde dous puntos dos oito previstos. A pirotecnia eliminarase esta noite da Granxa do Xesto, na aba do monte Pedroso, e de Monte de Deus, en Vite. Deste xeito, os lugares de lanzamento que seguen vixentes son Santa Susana, parque Carlomagno, en Fontiñas; Praza Luís Pasín; Almáciga, Cidade da Cultura e parque Eugenio Granell, no Restollal.

Na véspera do día do Apóstolo, o alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, queixo animar os composteláns e compostelás a desfrutar das festas, pero sempre con “seguridade e prudencia”. Lembrou que “o virus segue aí”, polo que pregou “manter as distancias e seguir utilizando a máscara”.

A propósito dos fogos desta noite, pediu desculpas, porque “sempre que hai cambios se intenta que haxa o maior número de beneficiarios, pero sempre hai alguén ao que se lle causa algunha molestia ou dificultade”. Indicou que o dispositivo de seguridade está listo e agarda que o espectáculo sirva para “o goce e desfrute da inmensa maioría dos que estamos en Santiago e para transmitir imaxe de certa normalización e confianza para todos os que nos queren visitar”.Sobre os actos institucionais do 25 de xullo, apuntou que tamén “estarán marcados pola nova normalidade”, coa eliminación da revista militar habitual previa á Ofrenda, que este ano realizará o Rei Felipe VI no mosteiro de San Martiño Pinario. Logo da cerimonia, haberá unha “reducida recepción” no Pazo de Raxoi.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.