Santiago

Veciños do casco histórico celebran que dous mil negocios e vivendas teñan servizo de fibra óptica

  • 08 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

asociación fonseca. A instalación de fibra óptica no casco histórico de Santiago de Compostela entra na súa fase final e a Asociación de Veciños da Cidade Histórica Fonseca celebrou onte esta noticia que aportará a alta velocidade de internet a esta zona da cidade, “unha necesidade que ao longo dos últimos anos veuse reclamando de xeito insistente por parte de todos os veciños, comerciantes, colexio maior e residencias de estudantes, así como por parte dos profesionais que teñen o seus despachos e mesmo o Arcebispado e o Arquivo da Catedral, así como os hoteis aquí asentados”. Segundo as informacións que recibiu a asociación da empresa instaladora Orange, xa está aberta a alta do servizo de fibra óptica para o 60 % das inmobles do conxunto histórico, é dicir, para unhas 2.000 vivendas e negocios que xa dispoñen de acceso a este servizo de telecomunicacións avanzadas, aínda que tamén existen outros 1.500 edificios aproximadamente onde xa se desenvolveron os traballos de despregue, pero aínda se atopan en fase de probas. Ademais, a empresa instaladora explicou á asociación veciñal que o acceso final da fibra óptica a estes inmobles realizouse de acordo ás condicións establecidas coas distintas administracións, que implica que debe realizarse polo interior dos edificios. Así, aqueles que aínda non teñan habilitado o acceso para a fibra óptica ao interior non poderán darse de alta nos servizos axiña, ata que este acceso estea executado. Este plan de despregue, iniciado no verán de 2020 por parte do Concello, Orange, Axencia para a Modernización Tecnolóxica e a Dirección Xeral de Patrimonio, realizouse empregando caixas de baixo impacto visual nas fachadas e as canalizacións, para respectar o patrimonio histórico. Para consultar dúbidas, a asociación empraza aos veciños a poñerse en contacto con Orange para informarse sobre a cobertura dispoñible. REDAcción

Tema marcado como favorito