Santiago

Vinte solistas de dez nacionalidades competirán polos galardóns de Canto de Compostela Lírica

  • 30 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

concurso. O Auditorio de Galicia acollerá esta fin de semana a fase eliminatoria, o venres a partir das 17.00 h, e a final do Concurso de Canto Compostela Lírica que neste 2022 chega á súa quinta edición, o sábado 3 de decembro ás 19.00 h. Vinte cantantes de dez nacionalidades diferentes competirán polos catro premios que se outorgan no certame organizado por Amigos da Ópera de Santiago co apoio do Concello de Santiago, a Xunta e Deputación da Coruña. O certame se dividirá en dúas sesións abertas ao público nas que competirán voces orixinarias de países como Mongolia, Colombia, Polonia, Serbia, Israel, Portugal e os Estados Unidos, que achegan cadanseu representante. Pola súa banda, dende Francia e Corea do Sur participarán dous solistas. Os nove restantes son de España e proceden de Canarias, Andalucía, Asturias, Valencia, Cataluña e Baleares e, por último, Galicia disporá de dúas voces en competición. Na súa quinta edición, o Concurso Lírico pasará de entregar dous premios a tres: un primeiro premio de 4.000 euros, un segundo de 2.000 e un terceiro de 1.000.

“Chegar á quinta edición é chegar a unha cifra redonda que serve para facer balance. E o balance que facemos dende a organización é tremendamente positivo: o Concurso de Canto Compostela Lírica está consolidado no circuíto de certames desta natureza”, sinalou Jesús Couceiro, presidente de Amigos da Ópera de Santiago, nunha rolda de prensa na que tamén participaron a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo.“A súa proxección internacional é innegable, demóstrao a relación de participantes e o nivel que se rexistra entre as voces inscritas aumenta sensiblemente cada ano”, concluíu Couceiro.

O xurado estará conformado con nomes de recoñecido prestixio no mundo da ópera: Partrick Canac; Joan Company; Aquiles Machado, Maciej Pikulski, pianista; Victoria Stapells; Graziela Valceva Fierro; Celestino Varela, e Arturo Reverter. s.g.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.