Santiago

Volven as xornadas de música contemporánea

    • 25 may 2022 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    CULTURA. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou onte no Auditorio de Galicia as Xornadas de Música Contemporánea que este ano se celebran baixo o lema Poñer o foco, do 1 ao 22 de xuño. Acompañárona na rolda de prensa Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación de Coruña; Pilar Murias, vicerreitora de Estudantes e Cultura da USC; Santiago Olmo, director do Centro Galego de Arte Contemporánea; e Ana Comesaña, directora artística da Joven Orquesta Nacional de España (JONDE). Estas Xornadas teñen o obxectivo de promover e difundir as últimas tendencias e a innovación da música contemporánea, poñendo o foco sobre ela e poñéndoa en valor ao carón dos xa considerados clásicos do século XX. As XMC poñen o foco de forma especial este ano no piano, na formación e tamén na creación, xa que haberá un total de catro estreas en España e de sete estreas absolutas, algunhas delas de obras encargadas especificamente para este programa. ecg

    Tema marcado como favorito