Tendencias

A biografía de Ramiro Ponte incorpórase ao ‘Album de Galicia’

O CCG analizará hoy nun encontro a conservación do patrimonio musical sonoro da comunidade galega

  • 14 oct 2021 / 17:16
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. “Poeta sen volta e novelista de prosa transparente”. Así define Xosé Ramón Fandiño ao escritor, poeta e ensaísta Ramiro Fonte (Pontedeume, 1957-Barcelona, 2008) na súa entrada do Álbum de Galicia. É a última incorporación deste proxecto dixital que xunta biografías de persoas que destacaron en moi diversos ámbitos da cultura galega.

Ramiro Fonte Crespo estudou Filosofía en Compostela, foi profesor de Lingua e Literatura Galega en Vigo e Londres e director do Instituto Cervantes de Lisboa. Contou a súa nenez en Vidas da infancia, un longo relato sobre a súa primeira etapa no seu Pontedeume natal, localidade que o nomeou fillo predilecto.

Con todo Ramiro Fonte era principalmente un poeta. As cidades da nada foi o seu primeiro poemario ao que lle seguiron catorce títulos nos que deu conta dun fondo corpo poético persoal, moi preocupado pola temática abordada e polo aspecto formal manifestado no ritmo da súa música interior e na linguaxe rica e depurada.

Ramiro Fonte participou activamente nun momento de explosión da poesía galega coñecido como Xeración dos 80, un grupo plural e relevante que rompeu co realismo social e potenciou a renovación poética mediante o culturalismo e a intertextualidade, coa atención posta na tradición galega e foránea. Pilar Pallarés, Xavier Rodríguez Baixeiras, Xulio Valcárcel, Xosé María Álvarez Cáccamo, Miguel Anxo Fernán Vello, Manuel Forcadela, Manuel Raña...son algúns dos nomes que conformaron esta xeración.

A obra poética de Ramiro Fonte foi traducida parcialmente ao catalán, italiano, francés e inglés, e catro dos seus castelán.

Foi tamén ensaísta, onde plasmou a súa dedicación ao estudo de grandes escritores, das artes plásticas e da teoría literaria. Destacan os seus tetxos sobre Ramón Cabanillas, Luís Pimentel, Álvaro Cunqueiro, ou Bouza-Brey e os catálogso de exposicións de Laxeiro, Xulio Maside, Alfonso Sucasas, Antón Pulido, Francisco Mantecón ou Leopoldo Nóvoa.

Na súa entrada está acompañada doutros materiais documentais e bibliográficos para comprender a relevancia da súa figura e tamén audios para escoitalo na súa voz, como a entrevista que concedeu en 1983 a Radio Nacional de España (RNE) do seu poemario As cidades da nada, na que tamén se pode escoitar o recitado do poema Garza de Xesús Valcárcel.

ÁLBUM DE GALICIA. En xaneiro de 2020 o Consello da Cultura Galega presentou o Álbum de Galicia, unha colección dixital de biografías de persoas que destacaron en moi diversos ámbitos: desde a sociedade, a ciencia, a cultura ou a empresa. A idea é dar visibilidade e perspectiva de conxunto ás numerosas mulleres e homes, xa finados, que contribuíron de maneira significativa á sociedade galega ao longo da súa Historia. En moitos casos, seguen a ser grandes descoñecidos para o público de todas as idades, de dentro e de fóra do país.

As biografías do Álbum de Galicia están enriquecidas con material documental, referencias bibliográficas e contidos multimedia que permiten coñecer a obra das persoas divulgadas, pero tamén a produción intelectual existente sobre elas. Textos e materiais están producidos por expertos e son unha fonte rigorosa para acceder á vida e obra destes persoeiros. Ademais, o Álbum de Galicia permite explorar a presenza das persoas biografadas nos fondos documentais dixitalizados do Consello da Cultura Galega. O Álbum de Galicia é, xa que logo, o punto de acceso que ofrece a entidade para coñecer toda a súa produción divulgativa e investigadora ao redor de cada unha das figuras.

O Álbum de Galicia é o resultado da unificación das coleccións biográficas temáticas do CCG, que desde o ano 2005 teñen publicado álbums ao redor da muller, a ciencia ou a emigración, entre outros.

Cita no Consello. Coñecer o estado dos fondos sonoros galegos en entidades como a Biblioteca Nacional de España, Biblioteca de Catalunya, Fundación Barrié, Corporación Radio e Televisión de Galicia, Museo do Pobo Galego e Museo Etnolóxico de Ribadavia e, ao tempo, concienciar na importancia de conservar o noso fondo sonoro. Este é o obxectivo da xornada do Consello da Cultura Galega (CCG) A preservación do patrimonio sonoro galego en arquivos, museos e fundacións.

A cita, que se desenvolve este venres, está coordinada por Xosé Ramón Pousa, director do Arquivo Sonoro de Galicia e pode seguirse en directo desde o web da institución.

A xornada comeza cunha conferencia da xefa do Servizo de Rexistros Sonoros do Departamento de Música e Audiovisuais da Biblioteca Nacional de España, M. J. López Lorenzo, que ofrece un relatorio titulado “Máis que libros: O patrimonio sonoro galego na Biblioteca Nacional de España”. A segunda intervención é a da directora da Unitat de Sonors i Audiovisuals, Biblioteca de Catalunya, Margarida Ullate i Estanyol, que falará dos fondos sonoros galegos na Biblioteca de Catalunya.

Despois haberá unha mesa redonda na que participan María Jesús López Elvira, xefa de Arquivos da CRTVG; Concha Losada do Museo do Pobo Galego; César Llana, director do Museo Etnolóxico de Ribadavia; a coordinadora técnica do Arquivo Sonoro de Galicia, Cristina Pujales; e Diego Rodríguez González, director da Biblioteca da Fundación Barrié de la Maza. Nela ofrecerán as diferentes perspectivas sobre catalogación, conservación e rexistro sonoro nestas entidades.

O ARQUIVO SONORO DE GALICIA. O Arquivo Sonoro de Galicia é un centro do Consello da Cultura Galega que conta con máis de 50.000 rexistros procedentes de adquisicións e doazóns. 000 rexistros das emisións de RNE en Galicia ao longo da segunda metade do século XX. Entre os seus fondos destaca a colección de lousas producidas en Galicia ou con contidos galegos, dos que se pode escoitar no web unha parte representativa. As “lousas” son pezas únicas, cunha tiraxe de 200 exemplares que non son exactamente iguais entre si. Na maior parte trátase de gravacións impulsadas dende a emigración para levar a América os sons que manteñen vivos os recordos de Galicia. redacción

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.