Tendencias

A demanda de aloxamento en Galicia resistiu en agosto mellor que a media española

Segundo o INE a caída de solicitudes nese mes na comunidade foi do 36,4 % fronte ao 56,3 % do Estado

  • 02 oct 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. Galicia recibiu no mes de agosto medio milleiro de viaxeiros (532.867) que fixeron un total de 1,4 millóns de pernoitas, o que supuxo que a demanda de aloxamento en Galicia resistise mellor que a media española, cunha diferencia de 20 puntos mellor que o conxunto do Estado, segundo os datos feitos públicos onte polo Instituto Nacional de Estatística (INE). En concreto, o descenso da demanda hoteleira na comunidade situouse no 36,4 % fronte ao 56,3 % do conxunto do Estado.

Os establecementos extrahoteleiros galegos tiveron no mes pasado un mellor comportamento caendo nun 29,4 % no número de viaxeiros e nun 26,2 % nas noites, o que permitiu que no balance do conxunto do verán Galicia contivese a súa caída na demanda consolidando a súa mellor posición no proceso de recuperación do turismo.

Nesta mellor evolución fronte ao conxunto nacional e na comparativa con outras comunidades destaca o feito de que o 88 % dos viaxeiros que chegan a Galicia é de procedencia nacional, fronte a un 12 % estranxeiro, que perde peso no conxunto da demanda turística.

Neste sentido, a Xunta destaca o bo traballo do sector turístico en Galicia nas circunstancias actuais marcadas pola covid-19 e a implicación do Goberno galego para a posta en marcha de medidas que permitan acelerar o proceso de recuperación do sector a través do Plan de Reactivación do sector cultural e turístico, que inclúe medidas como o programa Galicia Destino Seguro, dotado con ocho millóns de euros en distintas liñas de acción.

Programa co que se consegue que Galicia sexa un un destino fiable, de calidade e excelencia, centrado en valores como a seguridade, a tranquilidade ou a sustentabilidade, e potenciando atractivos como natureza, o rural e a enogastronomía. ECG

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.