Tendencias

A volta do viaxeiro Xavier P. Docampo con varios contos

  • 18 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Edicións Xerais de Galicia, entre as novidades do mes de marzo, publicou Contos de Obxectos, obra inédita de Xabier P. Docampo (Rábade, 1946-A Coruña 2018), cedida polos herdeiros do escritor con imaxes de Daniel Puente, nunha preciosa edición con fotografías de DNL.

Iníciase o volume cun Limiar da escritora, compañeira e amiga de Xabier P. Docampo, Fina Casalderrey, un referente da Literatura Infantil e Xuvenil galega como o propio autor dos oito relatos que compoñen a obra e que recordan a inesquecible poética do polifacético escritor lugués. Cada un dos relatos lévanos de viaxe, a través da arte da escritura, por rutas novas na súa feitura ainda que recoñecibles a través da lectura demorada da súa obra édita, da súa poética e temática, da súa arte de narrar apegada á transmisión oral, cuxo herdo latexa en cada unha das narracións que levan á unha gran complicidade de lectores e protagonistas.

blanca.roig@usc.es

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.