Tendencias

Álvaro Pérez Becerra, presidente da Academia Galega do Audiovisual

Está acompañado na vicepresidencia polo guionista Pepe Coira e a actriz Sonia Méndez

  • 08 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. Álvaro Pérez Becerra (A Coruña, 1989) foi elixido por unanimidade novo presidente da Academia Galega do Audiovisual, na asemblea xeral ordinaria e electoral celebrada o pasado 4 de xuño. Está acompañado na vicepresidencia polo guionista e produtor Pepe Coira e a actriz e cineasta Sonia Méndez. Unha nova etapa na que repite a anterior xunta directiva: Carmen Méndez na tesoureiría; Saamira Ganay na secretaría; Óscar Cruz, Susana Veira e Xavi Font nas vogalías, cargo que tamén asume a presidenta saínte Ana Míguez, e máis Fernando Alfonsín, que entra no equipo en substitución da actriz Isabel Naveira. Trátase deste xeito do presidente máis novo das oito academias de cine e audiovisuais que existen agora mesmo na península. ecg

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.