Tendencias

Amicos realiza un novo curso en colaboración coa Fundación La Caixa

  • 19 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

inserción. Onte levouse a cabo na Aula TIC do Centro Integral de Amicos a entrega de diplomas do Curso en Hixiene e Manipulación de Alimentos que se desenvolveu na modalidade virtual neste mes de febreiro. Participaron un total de 20 persoas e foi finalizado exitosamente co 100 % de aprobados. Tras esta formación Amicos conseguirá a inserción laboral dun dos participantes.

“Grazas a este curso aprendín a traballar máis en equipo e sabemos o procedemento de temperatura e transporte de conxelados que deben levar os alimentos para que non se rompa a cadea de frío”, contou Mari Carmen, unha das participantes do curso que lle gustaría traballar nun supermercado.

Esta acción formativa está destinada a adquirir a acreditación e certificación de manipulador de alimentos que é de obrigado cumprimento en toda a UE para os traballadores da hostalería e de calquera outro sector alimentario.

A Asociación Amicos está a desenvolver o Proxecto Más Empleo en colaboración coa Fundación La Caixa e o Fondo Social Europeo. Este programa consiste na realización de itinerarios de inserción sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, prioritariamente con discapacidade. ECG

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.