Tendencias

Amtega comparte a súa visión de futuro sobre as competencias dixitais na cita nacional de redes

A Rede CeMIT puxo en valor no encontro, organizado pola asociación Somos Digital, o traballo levado a cabo ao longo destes anos

  • 09 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. A Rede CeMIT, liderada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), participou no Encontro Nacional de Responsables de Redes de Competencias Dixitais. O acto foi organizado virtualmente pola Asociación Somos Digital, unha comunidade da que a Rede CeMIT forma parte xunto con outras trece redes de telecentros. Somos Digital foi constituída no ano 2008, co fin de agrupar institucións, entidades e colectivos que traballan na creación, dinamización e mantemento de espazos públicos dedicados ao fomento da Sociedade da Información.

Grazas ao labor dos máis de 2.150 centros de competencias dixitais que integran a asociación ao longo de toda a xeografía española, xunto coa participación de 1.440 formadores e dinamizadores, estase a traballar na alfabetización e capacitación dixital de 1,96 millóns de persoas usuarias a nivel nacional, a través da realización de actividades en moi diferentes temáticas.

A Asociación Somos Digital organiza cada ano un Encontro de Responsables de Redes, coa finalidade de reforzar lazos entre as entidades partícipes da asociación a nivel nacional, desenvolvendo unha rede colaborativa de intercambio de ideas, boas prácticas e contidos. Este ano, dada a situación da pandemia, organizouse un encontro online.

A Rede CeMIT participou activamente nas dúas sesións para presentar os seus plans de futuro e visión estratéxica de cara aos vindeiros próximos dous anos no eido da inclusión dixital, as vocacións tecnolóxicas e as competencias dixitais en liña coa Estratexia Galicia Dixital 2030, así como para compartir co resto de redes presentes, as leccións aprendidas, especialmente neste último ano marcado pola extraordinaria situación de pandemia.

Así mesmo, se deu visibilidade ás boas prácticas e proxectos de interese postos en marcha co obxectivo de que a experiencia sirva de exemplo e inspiración para outras redes.

Destacaron as intervencións de Clara Centeno, investigadora do Instituto de Prospectiva Tecnolóxico do Joint Research Centre (JRC-IPTS) da CE ou Javier Miranda, responsable da Área de Formación e Emprego de DigitalES, que expuxeron as súas visións sobre as iniciativas da CE no marco das competencias dixitais e a situación do sector TIC. ecg

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.