Tendencias

Anne Plantagenet y Lluis Pasqual, en el ciclo por María Casares

  • 14 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

PA escritora Anne Plantagenet e o director teatral Lluís Pasqual protagonizan a segunda xornada do ciclo de conferencias María Casares. Do exilio ao escenario, co que a Xunta abriu o pasado mes a súa programación conmemorativa do centenario da artista. As intervencións, que serán presentadas polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, terán lugar o vindeiro mércores 16 no Museo de Belas Artes a partir das 19,30 horas, con entrada de balde.

Anne Plantagenet ofrecerá o relatorio Coraxe e desvergonza. A escritora afincada en París vén de publicar L’Unique, Maria Casarès, un libro dedicado á actriz galega e baseado na súa correspondencia amorosa con Albert Camus. É ademais autora dunha quincena de publicacións e dunha trintena de traducións ao español, con textos que exploran a cuestión da identidad.

Pola súa banda, o catalán Lluís Pasqual, quen coñeceu persoalmente a María Casares, dará o relatorio Espectador privilexiado. Iniciado na dirección teatral en 1968, foi un dos fundadores do Teatre Lliure de Barcelona e estivo a cargo da súa dirección. Recibiu diversos galardóns como a Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes. c.c.

Tema marcado como favorito