Tendencias

Aprobado polo CCG o novo programa de actividades para o bienio 2021-2022

Trazáronseu as liñas estratéxicas que contaron co apoio dos membros do plenario

  • 24 oct 2020 / 00:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. O Consello da Cultura Galega (CCG) celebrou p pasado xoves unha sesión plenaria ordinaria na que se aprobou o proxecto de actividades para o próximo bienio A presidenta, Rosario Álvarez, trazou as liñas estratéxicas que contaron co apoio, por unanimidade dos membros do plenario.

A proxección exterior da cultura galega, a igualdade de xénero, hábitat ou idioma xunto co fomento da cultura científica, tecnolóxica e ambiental son algunhas das liñas transversais que abordará a institución nos próximos dous anos.

Para 2021 está previsto, entre outras iniciativas, unha exposición sobre Afonso X O Sabio. Na sesión arcordouse tamén a incorporación de Rebeca Blanco-Rotea á Comisión Executiva da institución.

Rebeca Blanco-Rotea é licenciada en Xeografía e Historia, na especialidade de Historia da Arte pola USC en 1996, e doutora en Arqueoloxía pola Universidade do País Vasco en 2015. A súa área de traballo está centrada no estudo das construcións históricas.

A nova programación perfilarase en dez liñas de acción por ano. Catro delas correspóndense con temáticas que definen a actividade do ano en curso, mentres que as seis restantes se corresponden con eixes de traballo consolidado da institución como o fomento da cultura científica, tecnolóxica e medioambiental; a conservación e valorización do patrimonio; ou os debates do mundo contemporáneo.

O Consello da Cultura Galega manterá o traballo de arquivo, hemeroteca e preservación de fondos; pero tamén as acción relativas á “memoria viva”, é dicir, homenaxes e actuacións en camiñadas á revitalización e difusión cultural. ECG

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.