Tendencias

Arranca en Ponteareas a VIII edición do Festival Groba

Mañá será o concerto inicial a mans da Orquestra de Cámara Galega // Estenderase ata o venres 21 no auditorio municipal

  • 14 ago 2020 / 00:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Este sábado, 15 de agosto, comeza na vila de Ponteareas a VIII edición do festival Groba de música clásica, despois do éxito dos anteriores anos e de sobrepoñerse as dificultades ocasionadas pola covid-19, o que obrigará aos organizadores a contar cun aforo limitado entre as medidas de seguridade que se preparan.

O acontecemento que se prolongará ata o 21 deste mesmo mes, desenvolverase case por completo no auditorio municipal de Ponteareas, excepto o domingo 16 que mudará a súa ubicación ao convento de Canedo. Estará organizado pola Orquesta de Camara Galega, a fundación Rogelio Groba e o propio Concello de Ponteareas.

Un evento que nun ano de enorme dificultade busca dar un sopro de aire fresco ao mundo da música clásica, o que obrigará a facer unha aposta moi importante para continuar manténdose en pé.

Mañá ás nove da noite haberá un concerto inaugural da propia agrupación de Camara Galega, que contará como solistas con Kyounming Park (viola), Laura Lorenzo (flauta), Alba Reiris (cello) que interpretarán varias pezas de Schubert, G. Teleman, M. Bruch e de R. Groba.

O domingo 16 Anastasia Kobekina (cello) interpretará as seis suites de Bach en dous concertos (11.00h e 21.00h).

O luns 17 actuación de Cámara I con Gema Arias (piano), Laura Lorenzo (flauta), Pablo Vidal (violín) Kyoungmin Park (Viola), Anastasia Kobekina (cello), Josef Spacek (violín) e Federico Colli (piano) en varias formacións.

O martes 18 contará cun repertorio de cámara II con Kyoungmin Park, Damián Hernández (piano), Josef Spacek, Anastasia Kobekina e Federico Colli de novo cubrindo diversas formacións.

O mércores 19 versará sobre música de cámara III con Josef Spacek, Anastasia Kobekina e Federico Colli que interpretarán un conxunto de pezas do húngaro Z. Kodaly, e dos rusos D. Shostakovich S. Rachmaninov.

O xoves 20 volverá a Orquesta de Cámara Galega con Spyros Fakiolas (clarinete) e de Elisa D’Auria (piano).

O derradeiro día correrá a conta da banda Galega de novo co gran trompetista Esteban Batallán entre outros.

Unha semana completa de actuacións para revitalizar o panorama musical máis clásico tras a pandemia.

Tema marcado como favorito