Tendencias

‘Bamboleo’ conta hoxe con Pili Pampín e Raúl

Á festa sumarase a orquestra Marbella cunha coidada selección dos sons máis verbeneiros

  • 15 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Bamboleo preséntase esta noite ante os seus seguidores na Televisión de Galicia (TVG) cunha gran festa. Hoxe está convidado ao programa o cantante vitoriano Raúl. Despois de 20 anos sobre os escenarios, continúa cunha célebre carreira musical, en que destacan temas como Sueño su boca ou As de corazones. Hoxe Raúl presentará temas novos e compartirá diversión no programa con Pili Pampín.

Á festa sumarase a orquestra Marbella, que traerá unha coidada selección da música máis verbeneira. E baile moi profesional será o que traerán Pedro e Noelia, unha parella de Vigo, que levan dous anos triunfando alén das nosas fronteiras.

Coma cada sábado, os colaboradores porán a proba os convidados no Sobes ou baixas cos vídeos de Tamara Pérez e os orixinais xogos que trae Claudio Pan. Estará tamén Isi, que contará unha nova e divertida anécdota.

Eva Serantes e José Manuel Varela serán os participantes no Agora ou nunca. Interpretarán os temas When we were young, de Adele, e Galilea, de Sergio Dalma. No karaoke de A jrileira para entidades deportivas participarán o Amio Sociedade Deportiva e o Club de Baloncesto Allariz. Primeiramente, deberán cantar o tema Si por mi fuera, de Beret, e terán que adiviñar o maior número de intérpretes en 90 segundos.

E a ITV do amor porá a proba a unha parella de namorados que queren gañar o premi. Terán que enganar un participante de público. É a proba máis picante e onde colaboradores, público e a xente da casa tamén vai sacar as súas propias conclusións.

Tema marcado como favorito