Tendencias

‘Camiño Escena Norte’ leva as artes escénicas a través de nove municipios galegos

Funcións, coloquios virtuais ou obradoiros coas compañías participantes son algunhas das actividades abertas ao público

  • 03 sep 2021 / 18:17
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A terceira edición do programa de intercambio artístico e profesional Camiño Escena Norte achegará, a partir do vindeiro 12 de setembro e até o 10 de outubro, numerosas propostas escénicas de diversas disciplinas viaxarán por nove localidades galegas.

O Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura, acolleu este venres a presentación da nova edición dun proxecto que, por terceiro ano consecutivo, pretende expandir e dinamizar o sector escénico que se vertebra arredor do territorio que percorre o Camiño no Norte da península. Baixo o lema Volver camiñar, neste 2021 o programa consolidará a súa ambiciosa proposta de aposta pola creación de proximidade e contará cun total de 11 espectáculos en xira, no marco do programa de exhibición Itinerario Constelacións, e 37 sedes repartidas nas catro comunidades autónomas; ademais de incrementar o número de actividades paralelas de mediación arredor dos espectáculos e de encontros co público, cada vez máis amplo e diverso.

No caso de Galicia, no que o programa conta co apoio da Xunta de Galicia, o público poderá gozar ao vivo de sete espectáculos que xirarán polas sedes da rede de produción escénica no territorio, que este ano ascenden a nove logo da incorporación de Melide. Así, Arzúa, Lugo, Melide, Mondoñedo, Negreira, Ribadeo, Santiago de Compostela, Sobrado dos Monxes e Vilalba acollerán nove funcións das compañías asturianas A66 Producciones (Abre el ojo) e Meraki Cía (Amalgama); das cántabras Anabel Díez / El Tejo Producciones (La casa de Bernarda Alba), Babirusa Danza (La naturaleza del silencio) e La Machina Teatro (Olivia y las plumas); e das vascas Marie de Jongh (Ikimilikiliklik. Mi pequeña) e Ados Teatroa (Lloviendo ranas).

Xunto ás funcións, integradas no Itinerario Constelacións, Camiño Escena Norte espalla a súa actividade coa liña de programación Camiño Expandido, de xeito que as exhibicións se acompañarán de diversas actividades paralelas de mediación arredor dos espectáculos, como obradoiros de contextualización ou de movemento.

Estas actividades dirixidas ao público xeral, enmarcadas na liña Refuxios da programación do Camiño Expandido, tamén inclúen iniciativas de participación -que se darán a coñecer nas redes sociais de Camiño Escena Norte e na web, www.escenanorte.com -, e oito encontros en liña. Os encontros comezarán a semana que vén e, nun primeiro momento, darán a coñecer as compañías participantes no Itinerario Constelacións e os seus espectáculos. O luns 6 presentaranse as compañías galegas; o martes 7 as asturianas, o mércores 8 as cántabras e o xoves 9 as vascas. Todos os encontros poderanse seguir entre as 20.00 e as 21.00 horas no Youtube de Camiño Escena Norte.

A partir do luns 13, celebraranse encontros en liña con axentes galegos e nacionais nos que se reflexionará sobre cuestións de actualidade, retos e problemáticas das artes escénicas profesionais.

patrocinio
Respaldo de Vegalsa Eroski

···A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski apoia como patrocinador a iniciativa Camiño Esce-na Norte, na súa terceira edición.

···A empresa quere contribuír así ao desenvolvemento da programación deste proxecto dentro da nosa comunidade para poñer en valor a diversidade cultural, lingüística e de formatos e linguaxes da produción escénica galega, asturiana, cántabra e vasca, mediante encontros profesionais, residencias, obradoiros e un amplo programa de exhibición. Este proxecto conta tamén co financiamento por parte da Xunta, das deputacións da Coruña e de Lugo, así como do Concello de Lugo e da Fundación SGAE. Vegalsa-Eorski súmase a esta iniciativa no marco das celebracións con motivo do Xacobeo.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.