Tendencias

Campaña con espellos nas cidades para animar aos mozos a falar galego

Grandes struturas expoñen a campaña
co título ‘Saca o galego que levas dentro’

  • 14 dic 2021 / 17:55
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Coruña. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade coloca grandes espellos en distintas cidades galegas, no marco da campaña “Saca ou galego que levas dentro”, que busca animar aos mozos para falar galego compartindo as súas fotos nas redes sociais.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou onte na Praza de Vigo da Coruña na presentación desta nova iniciativa da Xunta, que arrinca simultaneamente na cidade herculina e en Ferrol.

“Galicia e os galegos e galegas temos un gran tesouro, a nosa lingua, un símbolo de riqueza cultural, social, histórica e comunicativa, ademais dunha ferramenta de moi notable utilidade que nos permite comunicarnos mesmo alén das nosas fronteiras”, subliñou García.

Esta acción pretende poñer en valor a lingua propia entre toda a sociedade; destacar a súa importancia como elemento crave da identidade galega; alimentar o arraigamento, o orgullo e o sentimento de pertenza e fomentar o seu uso entre todos os galegos e galegas.

A campaña consiste na itinerancia polas catro provincias dunhas estruturas xigantes con espellos nos que os viandantes poden verse reflectidos á vez que len a mensaxe Din que a beleza está no interior. E ti gardas unha lingua fermosa! Saca o galego que levas dentro.

A Praza de Vigo da Coruña e a Praza de Armas de Ferrol contan desde agora cunha estrutura de 1,50 metros x 2,20 metros formada por catro caras, tres delas cubertas por un espello no que os viandantes poden verse reflectidos baixo o lema da campaña, que se estenderá ao longo deste mes de decembro.

García avanzou que poñerán en marcha, de maneira complementaria, a campaña Dálle á lingua dirixida a nenos e nenas. efe

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.