Tendencias

Chinchos fritidos! Aventuras de Gatlock con sabor

  • 02 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Os gatos teñen varias vidas (polo menos sete!) e ademais caen de pé, polo que teñen posibilidade de vivir moitas aventuras e coñecer gran cantidade de personaxes. Isto é o que lle acontece a Gatlock, un mico detective que se enfronta á resolución de estraños casos e que nas súas aventuras traslada o lectorado a diferentes lugares e épocas, tal e o caso de París no ano 1975 ou Nova York en 1917. Polos bigotes miañóns de Gatlock!

Unha tradutora ben coñecida no eido da LIX, Isabel Soto, é a responsable de verter ao galego desde o francés as dúas primeiras entregas, A desaparición dos ratos e As croquetas envelenadas, da serie realizada por Sébastien Pérez e o ilustrador Benjamin Lacombe, un dos grandes da literatura francesa. Unha estupenda lectura, da man de Tambre, para o lectorado dos primeiros anos de educación primaria, aínda que do gusto de calquera amante dos animais, sobre todos dos gatos.

marta.neira@usc.es

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.