Tendencias

Comezan en febreiro as Bolsas DigiTalent logo dun acordo entre Cultura, Amtega e as universidades

  • 27 ene 2021 / 00:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

ESTUDANTES. Os 13 estudantes que accederon ás Bolsas DigiTalent comezarán en febreiro o período de prácticas formativas en empresas tecnolóxicas. Durante tres meses, os bolseiros contarán cun plan de formación e recibirán asesoramento, orientación e dirección das persoas responsables das empresas TIC. Os bolseiros cómpren os requisitos marcados na iniciativa, ser menores de 31 anos e estar matriculados en carreiras de Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura nalgunha das tres universidades galegas e ter máis do 75% e menos do 100% de créditos aprobados. As bolsas DigiTalent teñen unha duración de 20 horas semanais e son remuneradas. Esta iniciativa, enmarcada no Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia, é froito dun convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade a Amtega, as tres universidades e a Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga); para dar resposta á demanda de novos perfís dixitais e facilitar a hibridación entre os sectores TIC e non TIC. As empresas nas que os bolseiros realizarán as prácticas e que, previamente se adheriron ao programa, teñen experiencia en proxectos relacionados con tendencias tecnolóxicas emerxentes tales como big data, tecnoloxías móbiles, deseño de servizos e aplicacións cloud, ciberseguridade, IoT, blockchain, realidade aumentada, intelixencia artificial e wearables, entre outras. O Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia, DigiTalent, impulsado pola Amtega ten como obxectivos potenciar as vocacións STEM desde idades temperás, promover a adaptación de estudantes, titulados e profesionais á demanda de novos perfís dixitais e maximizar as oportunidades de desenvolvemento profesional na economía dixital. información das actividades do catálogo DigiTalent, actualízase no web digitalent.xunta.gal. redacción

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.