Tendencias

Concerto de Reis da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense

  • 05 ene 2021 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

sons. A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense ofrecerá o seu tradicional Concerto de Reis o xoves, ás 18.00 h. no Campus universitario, fronte á Escola Provincial de Gaitas. O acto foi presentado onte no Pazo Provincial polo vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o bispo de Ourense, Leonardo Lemos, e o director da Real Banda, Xosé Lois Foxo, quen coincidiron en sinalar queeste evento “cultural e musical é toda unha tradición e coincide coa conmemoración do centenario do Papa san Juan Pablo II, a quen tan vencellado estivo a Real Banda”, salientou RFernández. Pola súa banda, o bispo de Ourense destacou “a ledicia de presentar este concerto polo que supón de tradición e polos valores que representan a Real Banda e o mestre Xosé Lois Foxo, facendo ourensanía e galeguidade aló por onde van”. ecg

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.