Propiedade do xigante Amazon, permite facer transmisións en vivo // Ibai Llanos, o seu icono
A Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) estrea hoxe mércores canle en Twitch, a plataforma de vídeos en directo, cunha primeira sesión de #DígochoEu en streaming ás 12 do mediodía e coa participación de centros escolares de toda Galicia.
É unha xanela moi de moda no eido dixital xa que é propiedade do xigante do comercio online Amazon e ten en España estrelas como Ibai Llanos, un moi coñecido locutor de eSports cun seguimento que cóntase por millónes de usuarios.
A sesión estará protagonizada polo equipo habitual que conforma o #DígochoEU, o seu director Carlos Amado, a xornalista Esther Estévez e a lingüista Rocío Pérez.
O #DígochoEu quixo arrancar a canle adicando o primeiro programa á comunidade educativa, xa que son centenares as propostas que chegan desde os colexios de toda Galicia sumándose e replicando o espazo da Crtvg.
De feito, para esta primeira actividade na plataforma, recibíronse máis de 60 peticións de centros docentes das catro provincias.
Actualmente #Dígocho
Eu pode verse na web www.crtvg.gal en g24.gal, así como nas contas de Ins-
tagram (g24noticias), Twit-ter (g24noticias), Facebook (g24noticias), Youtube (youtube.com/tvg) e TikTok (tiktok.com/@digochoeu) e tamén no Telexornal da TVG.
A boa recepción entre os máis novos fai que os capítulos diarios en TikTok cheguen a máis de 100.000 seguidores e que xa tiveran máis de 15 millóns de impresións.
tendencias@elcorreogallego.es
www
elcorreogallego.es