Tendencias

Diversidarte, festival polas artes inclusivas na Coruña, ata o día 18

O grupo Metamorfosis e o rapeiro de Madrid El Langui, parte dunha cita de música e filmes

  • 03 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Coruña. A concelleira de Benestar Social de A Coruña, Yoya Neira, participou este xoves na presentación do Festival Diversidarte (cita ata o 18 de setembro), que tivo lugar na Fundación Luis Seoane, xunto co deputado provincial de Cultura, Xurxo Couto; e a directora de proxectos de Poten100mos, Cristina de la Puente. Neira, destacou na presentación de Diversidarte, o Festival polas Artes Inclusivas 2021, o compromiso do Goberno local coa inclusión social e a súa visibilización a través da cultura e a arte. .

A Fundación Luis Seoane acolleu a presentación da sexta edición do festival totalmente gratuíto, na que tamén participaron o deputado provincial de Cultura, Xurxo Couto, e a directora de proxectos de Poten100mos, Cristina de la Puente. O acto foi amenizado polo grupo de percusión Metamorfosis, creado e xestionado directamente pola Plataforma Diversidarte e formado por músicos, persoas diversas e na súa maioría con Síndrome de Down; e dirixido polo músico Antonio Arias Mosquera.

Cristina de la Puente introduciu o amplo programa do festival, que comeza este venres co concurso DiversimaCine na sede de Afundación, ás 19.00 h. O sábado, ás 19.00 h, Juan Manuel Montilla El Langui, dará unha conferencia e un concerto sorpresa no auditorio do Centro Ágora.

O vindeiro venres día 10 proxectaranse na Afundación os documentais seleccionados para o concurso DiversimaCine e o sábado, 11 de setembro, haberá un taller de musicoterapia, un concerto de Metamorfosis e outro conxunto das Orquestas Inclusivas de Andalucía e a Sociedade Coral Polfónica El Eco. O 18 pecharase o festival con talleres e entrega dos Premios DiversimaCine2021. ECG

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.