Tendencias

Entregados os Lingua de namorar dirixidos á mocidade de Galicia

O certame fomenta o idioma nas relacións entre iguais a través das tecnoloxías da comunicación

  • 06 may 2022 / 18:13
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Pazo de San Roque de Compostela acolleu este venres a entrega de premios anual do certame literario en liña Lingua de namorar, impulsado polas consellerías de Cultura, Educación e Universidade e de Política Social, para fomentar o galego nas relacións entre iguais, nomeadamente a través das tecnoloxías da comunicación, e da transmisión do afecto entre a mocidade.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, salientou que o obxectivo desta undécima edición foi centrarse “na importancia da dinamización da lingua galega entre a mocidade e, especialmente, nas redes sociais”.

Pola súa banda, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, salientou que Lingua de Namorar é un certame consolidado entre a xuventude que, ademais de promover o galego, tamén recoñece o talento creativo que atesouran os mozos galegos.

A xornalista Esther Estévez, coñecida polo seu traballo na divulgación para a mellora do uso da lingua galega, foi a encargada de conducir a entrega de premios a cinco dos sete gañadores das tres categorías, arroupados polas súas familias.

A gañadora da categoría A, de 14 a 19 anos, foi Carmen Fernández (Ourense), coa mensaxe Á flor baixo a neve. Lucas Paz (A Coruña) e Laura Sande (A Coruña) recibiron o segundo e terceiro premio con Amor contraditorio e Desde Vilamor ata Fisterra, respectivamente.

Na categoría B, de 20 a 35 anos, os gañadores foron, do primeiro ao terceiro, Pedro Rodríguez (Nigrán), con O amor de iglú; Ania Ferreira (Vigo), con Dúas partes que son unha; e Andrea López (Pantón, Lugo), con Filautía.

A premiada na categoría C, vixente desde 2021 para idades de 14 a 35 e exclusiva para Instagram, foi Sofía Muñiz (Cambados) con #Pulsión.

Os premiados recibiron, segundo o posto acadado, un patinete eléctrico Youin You-Go L, un tocadiscos Nevir retro e un reloxo intelixente con esfera curvada 2.5 D, e un lote de libros de literatura e poesía galega e un diploma.

Tanto as mensaxes gañadoras como os finalistas daranse a coñecer publicamente no web do certame.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.