Tendencias

Enxeñaría en Informática e Amtega abordan o debate do xemelgo dixital

É un espazo para o networking que ten lugar no Centro Gaiás Tech este venres

  • 24 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (Cpeig) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organizan este venres, un espazo de networking e debate chamado tres14.pm. Celébrase de maneira presencial, para un grupo máximo quince profesionais do sector das TIC ou outras persoas interesadas na materia, no Centro GaiásTech situado na Cidade da Cultura en Santiago (Monte Gaiás, s/n. Edificio CEM) ás 15.00 horas. Ademais, poderase seguir en streaming onde os participantes interactuaránco relator a través do chat, en directo.

Este programa difundirase desde o centro GaiasTech, recentemente inaugurado, e que se configura como o elemento central e coordinador do ecosistema dixital de Galicia e da súa relación co resto da economía galega na procura dunha competitividade duradeira e xerando espazos de integración e inclusión dixital e de desenvolvemento persoal do noso talento dixital. O programa conta con espazos de networking, de debate, opinión e coñecemento, invitando a expertos en distintas materias para que realicen unha exposición seguindo un programa específico no que reflectirán, en catorce minutos, tres principios sobre dita temática de cara a establecer un coloquio posterior cos participantes.

O relator desta xornada será Manuel Meijide, director da compañía ILUX Visual Technologies. Impartirá unha conferencia titulada O xemelgo dixital como impulsor da transformación dixital na industria” Meijide explica que un Xemelgo Dixital (Digital Twin) é unha representación dixital dun contorno ou proceso físico, réplicas virtuais que se empregan para simular a realidade e o seu comportamento en determinadas circunstancias. Sinala tamén que, máis alá dun mero modelo tridimensional, o xemelgo dixital combina unha representación co Big Data, Cloud Computing, IoT, Machine Learning ou Intelixencia Artificial para conseguir unha copia completa e en tempo real dun determinado contorno ou proceso físico. A través desta copia virtual, Meijide sinala que é posible unha análise exhaustiva da información, algo moi beneficioso por exemplo, nos procesos de fabricación. ECG

Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.