G2: ‘Contaminación mariña, o mar de Galicia ante o cambio climático’
A canle pública achega hoxe unha nova estrea documental con selo independente
Santiago. G2 achega este martes unha nova estrea documental con selo galego. Nesta ocasión, a canle pública ofrecerá a serie Contaminación mariña. O mar de Galicia ante o cambio climático, realizada en 2021 por Valentín Carrera e formada por dous capítulos: Planeta Océano estresado e Coidar a despensa. A primeira entrega conta como os océanos son os verdadeiros pulmóns do planeta, a placenta que habitan millóns de seres vivos, desde bacterias ata ás baleas, e como este mar está agora estresado. A través de poderosas imaxes submarinas, combinadas cos fenómenos climáticos extremos en terra - ciclóns, tornados, tsunamis, choiva torrenciail, ondas de calor, ondas de frío-, coñecerase que está pasando no mar, na pesca ou na acuicultura debido ao quecemento e o cambio climático, que produce a febre do planeta. ‘Coidar a despensa’, o segundo episodio, mergúllase nas profundidades dun mar cheo de plásticos, microplásticos e nanoplásticos, e pregúntase que poden facer os cidadáns para cambiar a saúde do mar. Leva pimaxes submarinas de Jorde Candán. ECG