Tendencias

Gaña o ‘Que é un rey para ti?’ Diego Rodríguez, do Padre Feijoo de Ourense

  • 17 sep 2021 / 18:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

CONCURSO O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez Bértolo, xunto co presidente da Fundación Institucional Española (FIES), Rafael Guardans Cambó, e o director territorial de Relacións Institucionais de Orange España, Óscar Aragón Fernández, participou este venres no acto no que se deu a coñecer o nome do gañador da fase autonómica do concurso Que é un rei para ti?

Diego Rodríguez Carril, do colexio CPR Plurilingüe Padre Feijoo Zorelle de Ourense, proclamouse vencedor en Galicia deste certame, promovido por FIES e a Fundación Orange, entre os 40 traballos finalistas que se expuxeron no acto celebrado na Escola Galega de Administración Pública.

En total tomaron parte do concurso na nosa comunidade 1.204 traballos realizados procedentes de 117 centros educativos.

O gañador asistirá co resto de representantes doutras comunidades, a unha audiencia co rei e realizará unha visita ao Palacio Real.

O obxectivo é fomentar nos nenos de 8 a 13 anos unha primeira toma de contacto coa figura do monarca, coa historia da Coroa e o seu papel na sociedade actual.

Pode participar neste certame todo o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, e de 1º e 2º de ESO. redacción

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.