Tendencias

Guadi Galego, Javier Jurado e máis Esteban Batallán, no ‘ZigZag’

Tamén falan da última montaxe da compañía galega Redrum, ‘O mozo da última fila’

  • 15 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O programa ZigZag comeza a semana recibindo a visita do músico galego Esteban Batallán. O concertista, galardoado en diversos concursos tanto nacionais como internacionais, foi o primeiro español en obter unha praza na famosa Chicago Symphony Orquestra no ano 2019.

O espazo da G2 afondará na iniciativa cultural do musicólogo Javier Jurado, que deu a coñecer zarzuelas galegas, o repertorio para piano de Reveriano Soutullo e tesouros agochados como a partitura Galaica do compositor Luis Taibo García. Desde hai 18 anos e a través da editorial Dos Acordes, Jurado leva xa 250 títulos publicados, dedicados fundamentalmente á música galega. No ámbito teatral, o ZigZag presentará a última montaxe da compañía Redrum, O mozo da última fila. O espectáculo, que se poderá gozar os próximos venres e sábado en Vigo, reflexiona sobre a necesidade de contar historias, nunha montaxe cargada de ironía.

Ademais, os espectadores achegaranse á musica da cantante de pop folk Guadi Galego, coa súa obra Velutinas.

Nun videoclip asinado por Jairo Moreno e coas actrices Ana Oca e Carlota Arana, a artista fala da toxicidade vital e expón os seus propios sentimentos nun disco que viaxa desde a infancia ata o presente da propia autora.

Este formato cultural da canle púbica galega ten por presentadora a Pilar G. Rego. tendencias@elcorreogallego.es

www

elcorreogallego.es

Tema marcado como favorito