Tendencias

Helena Girón e Samuel Delgado protagonizan o foco Sinais da Mostra de Cinema Periférico da Coruña

  • 07 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

cineastas. O (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña se celebrará os próximos 28 de maio e 6 de xuño, en formato combinado con proxeccións na sala de cine e programación online. A a programación artellada arredor da obra de cineastas do país volverá ter este ano unha presenza dobre, favorecendo a internacionalización e difusión global da creación galega.

Nesta duodécima edición, o foco Sinais do (S8) estará adicado a un dúo creativo en profunda sintonía coa Mostra: a galega Helena Girón e o canario Samuel Delgado.

No seu traballo conxunto combinan a investigación coa asociación de materiais e ideas en películas que dan conta dun fío subterráneo de subversión.

Nesta edición o festival adicaralle un especial online no que coñeceremos os seus procesos creativos e veranse as películas Sin Dios ni Santa María, Montañas ardientes que vomitan fuego e Plus Ultra.

Os dous cineastas estarán presentes na Coruña durante a celebración da Mostra para levar a cabo unha performance e asistir ao programa que se lle adicará en sala de cine, cun posterior encontro co público. ECG

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.