Tendencias

Homenaxe de Teófilo Edicións aos Estatutos de Autonomía de Galicia 1936/1981

  • 10 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Cando se cumplen 85 anos do Estatuto de 1936 e 40 anos do Estatuto de 1981, a editorial compostelana (Teófilo Edicións) edita un estoxo estampado en prata cunha ilustración que fai un guiño á Xeración Nós, que contén os dous estatutos. Conta cunha introdución do prestixioso catedrático de Dereito Constitucional, Roberto Blanco Valdés que leva por título Dúas Españas, dúas Galicias, o peche de luxo para unha edición especial.

Os Estatutos de Autonomía de Galicia de 1936 e 1981 son os textos legais que marcan a historia política da nosa aterra e son unha parte fundamental da Comunidade Autónoma.

O proxecto de Estatuto de Autonmía de Galicia redactouse durante a II República e malia ser sometido a plebiscito o 28 de xuño de 1936, non chegou entrar en vigor debido ao estalido da guerra civil.

O Estatuto de Galicia de 1981 é a norma institucional básica da nosa Comunidade Autónoma, no que se recoñece a súa condición de nacionalidade histórica e no que se afirma que os poderes da Comunidade se basean no Estatuto, a Constitución e o Pobo galego.

Desde Teófilo Edicións, queremos con esta publicación contribuír ao coñecemento por parte dos galegos dos Estatutos de Autonomía e tributar deste xeito un merecido recoñecemento a todas aquelas persoas que co seu traballo, esforzo e dedicación os fixeron posible. REDACCIÓN

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.