Tendencias

á “primavera perdida”

Corenta e sete aportacións de todo o mundo compoñen a imaxe desta edición

  • 10 sep 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Coruña. A Mostra Internacional de Cinema Periférico (S8), que se celebrará na Coruña do 27 de setembro ao 10 de outubro, mostrará ao público 47 achegas de todo o mundo centradas na “primavera perdida” durante o confinamento, etapa na que a cita foi suspendida.

Con esta premisa, explicou a organización do festival nun comunicado, esta edición leva o nome de O xardín secreto, en referencia a eses meses que a sociedade pasou encerrada nas súas casas pola pandemia. O cartel coa imaxe da Mostra exhibirá unha “explosión primaveral”, composta por multitude de plantas, pétalos e flores.

“A nosa idea é devolverlle á xente a primavera que pasamos recluídos, unha primavera que non puidemos vivir e na que non puidemos celebrar o festival. Por iso decidimos que a imaxe desta edición dual tiña que ser un xardín soñado, un xardín colectivo composto por flores de diversa natureza que xenerosamente nos cederon cineastas, programadores, equipo e amigos do festival”, afirmou o director da Mostra, Anxo Rueda. Entre os “xardineiros” desta imaxe, hai cineastas e programadores internacionais como Ken Jacobs, Rei Hayama, Bruce McClure, Cecilia Barrionuevo, Guy Sherwin, Charlotte Pryce, Pablo Mazzolo, Saul Levine, Jodie Mack ou Helga Fanderl.

Tamén haberá artistas estatais como María Canas, Andrés Duque, Xisela Franco, Helena Girón, Samuel Delgado ou Rocío Mesa.

Ademáis da súa imaxe colorida e multiforme, a temática floral terá unha ampla presenza nesta edición dual da mostra. A sección ‘A flor do día’, que só se emitirá online, componse dunha serie de programas en streaming que virarán ao redor do tema desta edición: o xardín secreto.

En cada unha das entregas haberá un pequeno ramallete de pezas de diversos cineastas que se articulan ao redor do mundo vexetal no cinema, precedido dunha presentación rodada en lugares emblemáticos da Coruña como a Torre de Hércules, o Xardín de San Carlos ou o Monte de San Pedro.

Ademáis, a mostra reforzará especialmente o seu carácter divulgativo, a formación de públicos e o descubrimento de creadores, que continuarán sendo varios dos eixos principais da programación do evento. ECG

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.