Tendencias

con 194.000 euros

Reciben as subvencións unha vintena de novos proxectos, entre guións, longas e webseries

  • 03 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Co obxectivo de xerar un impulso á creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento galego deste sector cultura, a Xunta de Galicia ven de adxudicar varias subvencións que distribúen a súa dotación de 194.000 euros entre 19 novos proxectos, dos que seis son guións para longametraxes, oito para curtametraxes,tres longas de dirección novel e dúas webseries.

O Goberno galego continúa reforzando esta liña de apoio, que en 2020 xa aumentara o seu orzamento ata os 178.000 euros buscando impulsar os traballos de novos guionistas e realizadores galegos no marco do Plan de reactivación do sector cultural fronte aos efectos da COVID. Ademais, na convocatoria deste ano inclúense dous novos apartados destinados ás webseries e a curtametraxes xa realizadas e finalizadas.

Segundo a resolución publicada na web da Axencia Galega das Industrias Culturais, 30.000 euros destínanse aos seis proxectos de escrita de guión subvencionados na modalidade A na que se atopan as pezas de Baixo risco de Helena Girón, O paso das formigas de Sara Traba, As aspis de Berio Molina, Invernadoiro de Daniel D. García, Terás que saltar de Irene Pin Basanta e Maluca de David Alonso González, que reciben 5000 euros cada un.

Novas Categorías. A categoría B de curtametraxes dotouse con 44.000 euros para as dúas submodalidades nas que se desagrega este ano. A través da primeira delas, achéganse 6000 euros a seis curtas diferentes sobre os seguintes proxectos: Gran Sol de Adrián Canoura, Desembocadura de Dani Viqueira, Caderno de Ana Domínguez, Maloserá de Santiago D. Risco, Xineceo de Laura Cotelo Bouzas e Nese momento o amor foi escuro e só puiden chorar de Aldara Pagán. A modalidade B2 que conta coa novidade de ser incorporada este ano co obxectivo de poder atender a todas aquelas curtas en proceso de construción baixo o criterio de que estas estén gravadas en versión orixinal galega e que realizan os seus traballos de posprodución en Galicia.

Desta forma, as beneficiarias enmarcadas nesta categoría foron as pezas Anatomía dunha serea, de Belle Films and TV e dirixida por Adriana Páramo, e Somnia, de Coven Films e realización de Diego R. Aballe.

No relativo ás longametraxes seleccionadas para acceder á subveción, cóntase cunha dotación de 90.000 euros, que se distribúe en partes iguais entre tres proxectos en versión orixinal galega, de especial valor artístico e creativo e con realización novel, a cargo dunha persoa que non dirixise ou codirixise máis de dúas longametraxes cualificadas co obxectivo de adicalas á explotación comercial en salas de exhibición cinematográfica. É o caso de A unidade componse da desorde, de Álvaro Liste; Ödland, con produción de Milpinton Filmes e dirección de Otto Roca, e Aurora, de Gaita Films e con Area Erina na realización.

Por outra parte, esta realización está completa a través da relación de subvencionados dúas webseries galegas. De esta forma, esta categoría está enmarcada dentro doutra das novas modalidades incorporadas este ano que acollen as pezas audiovisuais seguintes: A arte de ser (mal) pai, de Miraveo Assets e dirixida por Jorge Boquete, e a segunda temporada de Amnesia 3.0, de Aqueladas e a directora Irene Pin. Cada unha destas pezas recibirá unha subvención de 15.000 euros.

Desta forma, o obxectivo destas subvecións é dotar dun apoio á industria audiovisual galega abarcando diferentes categorías con pezas xa rematadas, de forma que se permite, e se ampara a reactivación do sector cultura e cinematográfico galego tras os fortes efectos sufridos por mor da pandemia pola COVID19. Así, un total de 19 novos proxectos atópanse enmarcados dentro deste proceso de dinamización.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.