Tendencias

Impulso da lingua galega a través da XV edición do premio de narrativa breve

  • 25 jun 2021 / 20:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

lingua Galega. Onte formalizouse o convenio para a celebración da XV edición dos premios de narrativa breve Repsol que ten como obxectivo fomentar e impulsar o emprego da lingua galega. Este galardón, está dotato con con 12.000 euros ademais da publicación da obra na Editorial Galaxia. Este é un certame xa consolidado e de referencia no panorama das letras galegas. Así mesmo, os a súa importancia radica tanto na oportunidade que ofrece para abrir as portas do mundo editorial a novos creadores como para dar prestixio á obra de autores xa consolidados no eido da literatura.

Por este motivo, o convenio para o certame foi asinado polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a directora de Relacións Externas de Fundación Repsol, Pilar Núñez, co fin de formalizar a convocatoria da décimo quinta edición do Premio Narrativa Breve Repsol

O prazo presentación de orixinais estará aberto ata o 31 de xullo e os textos deben estar escritos conforme á normativa establecida pola Real Academia Galega. Todas as obras prsentadas deben ser inéditas, cunha extensión mínima de 50 folios e máxima de 120. Unha vez pechado o prazo, un xurado decidirá a obra gañadora no mes de setembro. ECG

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.