Tendencias

Humor con Roberto Vilar, Eva Iglesias, Víctor Fábregas e Miguel Canalejo a partir das 22 h.

  • 20 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Este xoves chega á TVG o cantante galego Roi Méndez como convidado especial de Land Rober Tunai Show, con Roberto Vilar, Eva Iglesias, Víctor Fábregas e Miguel Canalejo a partir das 21.50 h.

Grabado en Teo nas instalacións de CTV, é un dos espazos de maior sona na grella da Televisión de Galicia pola súa mistura de humor, entrevistas, música, sorpresas e interactividade coa audiencia. A variedade dos seus convidados é outra das chaves da sona de Land Rober.

Por outra banda, A revista conectará hoxe en directo con José Luís Méndez, presidente da Asociación de veciños do Orzán, para coñecer como está a situación no barrio as fins de semana, desde o punto de vista veciñal. Tras o acoitelamento dun mozo o venres pasado, tanto veciños como policía denuncian que esta zona coruñesa é un punto habitual de pelexas. A presentadora Loly Gómez, coa colaboración no estudio da xornalista Inma Morandeira, conversará con Juanjo Castro, coordinador da área de Envellecemento Activo de Afundación, sobre as actividades que ofrece a obra social Abanca para achegar as novas tecnoloxías ás persoas maiores, que deben facer un grande esforzo para adaptarse e evolucionar ao ritmo dos avances para beneficiarse delas. Coma cada día, o magazine achegarase á situación da covid-19 en Galicia, nesta ocasión da man do inmunólogo José Gómez Rial.

E por último, o programa da TVG contactará con Mercedes Nodar, a mestra de Polo rego, que lles ofrecerá os espectadores novos consellos e trucos para o coidado das súas hortas cara a este mes.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.