Tendencias

‘Laxeiro’ será homenaxeado no próximo Día das Artes Galegas

A Ragba decidiu dedicar o próximo ano á figura do pintor Otero Abeledo pola súa obra renovadora e comprometida co seu tempo

  • 27 jun 2021 / 00:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Real Academia Galega de Belas Artes decidiu, por aclamación, homenaxear ao longo de todo o próximo ano e en especial o Día das Artes Galegas, o 1 de abril, a José Otero Abeledo Laxeiro (Lalín, 1908 - Vigo, 21 de xullo de 1996). Esta proposta foi subscrita por académicos e varios colectivos culturais de toda Galicia.

Desde a academia consideraron a este artista, galardoado en 1991 co premio Gallego del Año polo Grupo Correo Gallego, cun peso importante como para afondar e difundir a súa figura e impulsar diversas accións por ser decisiva para o desenvolvemento da arte galega no século XX, cuxa obra moderna e renovadora estivo sempre comprometida coa realidade do contexto sociocultural do seu tempo.

A iniciativa desta celebración na xornada de cada 1 de abril naceu da Ragba no 2015, celebrando ao Mestre Mateo, quen nesa data do ano 1188 dirixiu a colocación dos linteis do Pórtico da Gloria na Catedral compostelá, segundo consta nos mesmos.

Na pasada edición, a figura homenaxeada foi o arquitecto barroco Domingo de Andrade. Este ano, a Ragba celebrou una sesión ordinaria no salón de actos do Museo de Belas Artes na Coruña.

Por outra parte, e tras a votación regulamentaria, o plenario tamén acordou conceder a Jesús Núñez Fernández (Betanzos, A Coruña, 1927), pintor, escultor e gravador, o título de académico de Honra da Corporación.

Jesús Núñez estudou gravado na Escuela de Bellas Artes de San Fernando e na Nacional de Artes Gráficas, en Madrid, ampliando seguidamente os seus estudos nas cidades de Berlín e París.

A súa obra abarca practicamente todas as técnicas do gravado, así como a pintura, a escultura, o deseño téxtil e de xoias, entre outras.

Todo elo ademais do deseño de mobiliario, onde se encontra representado nos principais museos nacionais.

Creou e impulsou o Centro Internacional da Estampa Contemporánea na súa localidade natal, que en 1997 converteuse nunha importante fundación dedicada á ensinanza e divulgación das técnicas artísticas, e que ten como fin recibir a artistas e profesores dos cinco continentes do globo, acolléndoos neste centro e fundación artística.

Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.