Tendencias

Manuel Lourenzo vai recibir o premio de honra Fernando Rey

O teatro Colón da Coruña acollerá o vindeiro sábado a Gala de entrega dos Mestre Mateo

  • 08 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Teatro Colón da Coruña acollerá o vindeiro 10 de abril, (18.00 horas), a Gala de entrega de premios da XIX edición dos Mestre Mateo. Unha celebración que será emitida en directo por TVG e na que o actor, dramaturgo, director teatral, tradutor e docente Manuel Lourenzo recibirá o premio de honra Fernando Rey, en recoñecemento á súa extensa e prolífica traxectoria e á súa irremplazable contribución á cultura galega.

A gala contará coa presenza do grupo De Vacas, que serán as encargadas de poñer música en directo a este espectáculo dirixido por Tito Asorey e presentado por Lucía Veiga. Despois de cinco anos triunfando na rede e nos escenarios coas súas versións en galego, preparan a actuación do vindeiro sábado “moi ilusionadas e agradecidas por formar parte deste proxecto”.

Como novidade este ano, as redes sociais da Academia emitirán en directo O Recibidor dos Mestre, un programa previo á gala presentado por Marta Doviro, no que entrevistará a finalistas e convidados da presente edición a partir das 17.00 horas.

Coa celebración dunha Gala presencial, a Academia quere reivindicar a seguridade dos eventos culturais, aplicando estritamente as directrices establecidas polas autoridades sanitarias: reducción da capacidade do Colón conforme á normativa vixente, escaleta de acceso ao recinto para evitar aglomeracións, uso de máscaras e xel hidroalcólico, separación entre butacas e realización de probas PCR ás persoas integrantes do equipo técnico e artístico.

Nacido no 1943 en Ferreira do Valadouro (Lugo) desde principios dos anos sesenta , Manuel Lourenzo desenvolveu unha intensa actividade como actor, dramaturgo, director teatral, conferenciante, tradutor... Fundador de O Facho, Teatro Circo, Escola Dramática Galega, Compañía Luís Seoane, Elsinor Teatro e a Compañía Casahamlet, a súa vocación docente convertiuno en mestre de varias xeracións de intérpretes.

Tema marcado como favorito