Tendencias

María Parrado e Xabier Díaz pasarán a visitar o Bamboleo

A orquestra El Combo Dominicano animará a todos os espectadores apaixoados pola música máis verbeneira

  • 07 ene 2023 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Bamboleo regresa este sábado á Televisión de Galicia coa visita da cantante andaluza María Parrado e do músico galego Xabier Díaz. O característico swing de El Combo Dominicano animará ademais esta nova entrega do programa que presenta Xosé Manuel Piñeiro.

María Parrado foi a gañadora da primeira edición dun coñecido talent musical e conta xa con catro discos editados, ademais dunha dilatada carreira musical aos seus 21 anos. Esta noite cantará temas como Así te lo digo e Calcetines, que forman parte do seu último traballo, titulado Conmigo.

Xabier Díaz, xunto co acordeonista Roberto Grandal e con Iván Costa á zanfona, serán outros dos convidados do Bamboleo que interpretarán grandes éxitos da súa carreira musical. Os ritmos de El Combo Dominicano encherán de festa o estudio do Bamboleo, o que lles encantará aos máis verbeneiros.

No tempo de baile estarán uns campionísimos do mundo: a parella da Costa da Morte formada por Raúl e Serena, de 10 e 9 anos respectivamente, que realizarán dúas magníficas exhibicións.

Ruth González e Tony Vila serán os participantes do ‘Agora ou Nunca’. Cantarán Creo en mí, de Natalia Jiménez, e Siete vidas, de Antonio Flores. ‘A Jrileira’ recibirá o Club Dezapadel do Concello de Silleda e a comisión de Santa María de Castro do concello de Narón. Os seus representantes cantarán Le hace falta un beso, de Agapornis, e intentarán adiviñar o maior número de intérpretes en minuto e medio de tempo.

A sección que pecha o programa, a ‘ITV do Amor’, porá a proba unha parella e dous amigos que intentarán confundir un participante de público e a todos os espectadores, sobre quen é a verdadeira parella. Un xogo en que os colaboradores, Isi, Damián Cortés, Tamara Pérez e Javier Varela, están pendentes ata do máis mínimo detalle para atar cabos.

No penúltimo programa de ‘Galicia de 20 a 20’, a viaxe comezará na cidade de Ourense, onde seguirá os pasos de Ruth Matilda Anderson polas súas rúas. O espazo da TVG visitará Ribadavia, o corazón do Ribeiro, para falar con César Llana, director do Museo Etnolóxico da vila. César contará máis sobre o seu xigante fondo fotográfico e sobre os tesouros que custodian, como unha coroza idéntica á que retratou Ruth Matilda.

A seguinte parada vai ser Oseira, onde os espectadores coñecerán a Tamara Prado, unha afeccionada á fotografía local que os levará ao lugar onde Alfred Anderson retratou a Ruth Matilda. As condutoras do programa, Sonia Méndez e Leticia T. Blanco, repetirán esta imaxe nesa mesma casa e coñecerán a Rosa Fernández, a propietaria desta vivenda tan singular.

Despois achegaranse ata Cea, xa que Ruth Matilda quedou abraiada co pan que facían alí, onde falarán con Carlos Rodríguez, que recoñeceu un dos fornos retratados por Ruth.

A etapa rematará en Merza (Vila de Cruces) falando con Elena Ferro e mais o seu pai, Alfonso Ferro, ambos os dous zoqueiros.

‘Tal como somos’. A dispersión demográfica de Galicia fai que sexa a autonomía española co maior número de entidades de poboación. Na entrega de hoxe do programa Tal como somos, os espectadores verán os grandes retos que na actualidade ten que afrontar a nosa Igrexa ante a progresiva secularización que leva a un menor apego pola relixión e tamén unha moi preocupante escaseza de vocacións.

TEMAS
Tema marcado como favorito
TVG
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.