Tendencias

Miguel A. Amutio Gómez, premio ‘Colexiado de Honra’ do CPEIG

Dirixe a Planificación de Ciberseguridade do Ministerio de Asuntos Económicos

  • 25 nov 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) outorga o premio Colexiado de Honra de 2020 a Miguel A. Amutio Gómez, polo súa contribución ao desenvolvemento da administración electrónica en España.

Estes premios enmárcanse na gala da XII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, a máis importante do sector da informática en Galicia, que se celebrará este venres, no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago. Os premios da Noite corresponden a dez categorías onde os colexiados e colexiadas recoñecen as iniciativas ou persoas destacadas no ámbito da enxeñaría en informática.

Miguel A. Amutio Gómez é director da División de Planificación e Coordinación de Ciberseguridade da Secretaría Xeral de Administración Dixital e da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital. Neste posto, desenvolve a dirección técnica e estratéxica do Centro de Operacións de Ciberseguridade da Administración Xeral do Estado e os seus organismos públicos, así como o desenvolvemento e aplicación do Real Decreto 3/2010 Esquema Nacional de Seguridade e as súas Instrucións Técnicas de Seguridade, ambas en estreita colaboración co Centro Criptolóxico Nacional (CCN).

Amutio Gómez é Licenciado en Informática pola Universidade de Deusto (1988) e é titular das certificacións profesionais CISA, CISM e CRISC. Tras unha etapa de seis anos no sector privado, en 1994 ingresou como funcionario en prácticas no Corpo Superior de Tecnoloxías da Información. REDACCIÓN

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.